Gl:Tag:waterway=weir

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search
waterway = weir
Descrición
Unha vaira é unha barreira construída nun río ou un regato, ás veces para desviar a auga con fins industriais ou gandeiros. A auga aínda pode discorrer por riba da barreira, normalmente de cimento. Edit this description in the wiki page. Edit this description in the data item.
Representación en OSM Carto node
Representación en OSM Carto way
Grupo: cursos de auga
Empregado nestes elementos
pode ser usado en nodospode ser usado en víaspode ser usado en áreasnon pode ser usado en relacións
Combinacións útis
Estado: aprobadaPage for proposal

Unha vaira é unha barreira construída nun río ou un regato, ás veces con fins industriais ou gandeiros. A auga aínda pode discorrer por riba da barreira, normalmente de cimento. Nos Estados Unidos, a miúdo estas vairas chámanse encoros de baixa altura ou de cabeceira baixa.

De que xeito cartografar

Para cartografar unha pequena vaira engade un nó no punto axeitado ó longo do río e etiquétao waterway=weir. Se a vaira ten un nome, etiquétao co name=*.

Se a vaira é o axeitadamente longa coma para facer unha vía, crea a vía ó longo da vaira e etiquétaa con waterway=weir. De novo, engade un name=* se coñeces o nome. A etiqueta waterway=weir tería que compartillar un nó co río alí onde fan cruzamento ámbolos dous. Coma nun natural=cliff, a dirección da liña importa: na beira esquerda fica o lado máis alto; na dereita, o lado máis baixo.

Ás veces un paso de peixes atópase ligado a unha vaira.

Estradas ou vías sobre unha vaira

Este tema non forma parte da proposta, pero a solución máis sinxela é que a etiqueta highway=* e a etiqueta waterway=weir compartillen unha vía. Un treito desta vía pode ser marcada con ford=yes se existise un vao.

Os validadores e as ferramentas de control de calidade poderían alertar sobre esta combinación porque poden ter unha regra excesivamente xenérica onde se asume que as estradas e os cursos de auga non poden compartillar unha soa vía. Ésta é unha das excepcións válidas e as ferramentas teñen que axustarse para aceptala.

Representación

Tipo Imaxe Etiquetas OSM Carto
node waterway=weir
way waterway=weir

Ollar tamén