Gl:WikiProject Galiza Cervexeira

From OpenStreetMap Wiki
Jump to navigation Jump to search

Proxecto de mapeo de fábricas, tendas, locais,... cervexeiros de Galiza, enfocado á promoción e localización de cervexas tradicionais galegas.

Obxectivos

  • Cartografado de fábricas de cervexa galega
  • Cartografado de cervexarías, pubs, tendas,... onde vendan cervexas galegas
  • Cartografado de tendas de produtos para a elaboración de cervexa

Proposta de emprego de etiquetas

Fabricantes

Clave Valor Elemento Descrición
craft brewery node area Área que abrangue a compañía, empresa, sociedade...
building industrial node area relation Para indicar unha nave industrial
building barn node area relation Para indicar un silo ou almacenaxe de materiais.
building brewery node area Para indicar un edificio destinado á fabricación da cervexa (no caso de que non sexa unha nave industrial).
building yes node area Para indicar un edificio do que se descoñece a finalidade.
operator Definido polo usuario node way area relation Nome do fabricante
brand Definido polo usuario node area Para indicar as marcas dos distintos productos que fai o fabricante.

Podes contribuír á causa axudando no xogo de maproulette: https://maproulette.org/browse/challenges/23627

Locais de venda de cervexas

Para restaurantes, bares, pubs ou puntos de interese recoméndase o emprego das seguintes etiquetas:

Clave Valor Elemento Descrición Representación
amenity restaurant node area Para restaurantes
amenity bar node area Para bares de copas
amenity pub node area Para bares e pubs
drink:craft_beer yes node area Para locais que serven cervexas de diferentes estilos. No mundo inglés, chamánse taprooms
microbrewery yes node area Para locais que produzan a súa propia cervexa (cervexarías especializadas)
opening_hours Definido polo usuario node way area Para indicar o horario de apertura
name Definido polo usuario node way area relation Para indicar o nome do local
addr:street Definido polo usuario node area Para indicar o nome da rúa do enderezo do local
addr:housenumber Definido polo usuario node area Para indicar o número de portal do local
addr:postcode Definido polo usuario node area Para indicar o código postal do enderezo do local
operator Definido polo usuario node way area relation Para indicar o operador do local ou instalación. É dicir, quen ou que empresa o xestiona.
phone Definido polo usuario node way area relation Para indicar o número de teléfono do local
website Definido polo usuario node way area relation Para indicar o enderezo da páxina web do local

Podes contribuír á causa axudando no xogo de maproulette: https://maproulette.org/browse/challenges/23689

Ligazóns