Gl:Tag:natural=bare_rock
Jump to navigation
Jump to search
| Descrición |
|---|
| Unha área con pouca ou ningunha vexetación, de maneira que se fai visible o substrato rochoso. |
| Representación en OSM Carto |
|
| Grupo: natural |
| Empregado nestes elementos |
| Ollar tamén |
| Estado: aprobada |
| Ferramentas para esta etiqueta |
Unha área con solo rochoso, con pouca ou nula vexetación de maneira que o substrato rochoso se fai visible.
Algunhas áreas nas que se pode usar esta etiqueta poden ser:
- Zonas de montaña onde a rocha permanece ao descuberto, coma cumes, cantís ou rochedos, pero non pedregais, terreos cubertos de pelouros nin morenas.
- Zonas rochosas na costa
- Zonas rochosas en rexións altas, desérticas e polares.
- Afloramento de rocha debido a minas abertas ou cortes nas estradas.
- Montañas monolíticas coma por exemplo Uluru (Ayers Rock).
Como mapear
Para mapear unha área de solo rochoso podes simplemente debuxar unha liña pechada e etiquetala con natural=bare_rock. Para mapear áreas máis grandes ou complexas podes usar un multipolígono coa mesma etiqueta.
Pódese mapear como un nodo se non hai forma de facelo como área, especialmente se o que se quere é mapear o nome ou outra propiedade adicional. Non obstante, o mapeo como área é estritamente preferible.
Exemplos
-
Granito do Precámbrico exposto en "The Castle", cerca de Wellington Lake, Colorado, USA.
-
Calcaria do Triásico (Wettersteinkalk) en "Wilder Kaiser", Alpes Calcáreos do Norte (Austria, Scheffau)
Exemplo de representación
Ver tamén
natural=cliff- un cantilnatural=scree- unha área de pedras con forma angular formadas pola caída e erosión da pedra de cantís próximosnatural=shingle- unha área de pelouros ou cantos nunha praia ou ribeira, depositados e arredondados polo movemento da auganatural=stone- un gran penedo, non unido ao substrato rochosonatural=rock- características rochosas notables e illadas, unidas ao substrato rochoso, normalmente mapeadas como un único nodonatural=glacier- glaciares


