Gl:Tag:barrier=hedge
| Descrición |
|---|
| Un sebe é unha liña de matogueiras, arbustos ou especies de árbores moi pretas entre sí xerando unha barreira ou delimitando a beira dunha área. |
| Representación en OSM Carto |
|
| Grupo: Barreiras |
| Empregado nestes elementos |
| Suxire |
| Combinacións útis |
| Ollar tamén |
| Estado: aprobada |
| Ferramentas para esta etiqueta |
Descrición
barrier=hedge emprégase para identificar unha liña de matogueiras, arbustos ou especies de árbores moi pretas entre sí xerando unha barreira ou delimitando a beira dunha área. Os sebes poden ser mantidos adoito, aínda que non sempre é o caso
Exemplos
Grandes sebes e beiras de campos ou estradas
Os sebes resultan máis notábeis sobre unha paisaxe cando sitúanse para delimita-las beiras de grandes propiedades, campos e estradas.
Istos sebes os xeran de xeito común moitas especies diferentes, moitas das cales foron sementadas co sebe.
De xeito común mantense só para cumpri-la súa función coma barreira. Algús destos tipos de sebes estiveron probemente mantidos en décadas recentes e os seus propietarios cubriron os buracos do sebe con aramios de espiño.
Algús poden ser centanarios e estaren protexidos pola lei.
Pequenos sebes e sebes urbáns ou do xardín
Sebes formalmente moito máis pequenos pódese empregar en áreas destinadas a parques e xardíns.
Istos sebes xéranse de xeito común a partires dunha única especie. O seu mantemento adoito vai alén do sinxelo mantemento da súa función coma barreira, xa que tamén cumpren a función de fornecer unha cobertura visualmente atractiva.
De que xeito cartografar

Aínda que hai unha grande diferencia entre un sebe pequeno dun xardín e un grande sebe, ámbolos dous cartográfanse a día de hoxe de xeito indistinto coma sebes.
Debuxa unha liña ó longo da lonxitude do sebe. Onde un sebe únase cara outro sebe, emprega un nó compartido. Se hai buracos sustanciais no sebe, entón remata a liña, deixa o buraco e debuxa unha nova liña para a seguinte sección do sebe. Se hai un valo adxacente de xeito paralelo ó sebe ou incluso ó longo do mesmo, é preferébel cartografar únicamente o sebe se só cartográfase unha barreira.
Marca unha porta do acceso no sebe mediante a creación dun nó sobre a liña no lugar apropiado e etiquétao con barrier=gate, barrier=stile ou semellante. Para un pequeno buraco, pescuda empregar un nó entrance=*. Marca árbores soltos empregando natural=tree. Para un sebe groso, debuxa unha liña pechada ó redor do perímetro do sebe e etiquétao con area=yes.
As etiquetas width=* e height=* tamén poden ser útiles. Algunhas persoas tamén etiquetan o sebe con genus=*, species=* ou taxon=*.
Onde os sebes atópense cunha zona arborada, común nas esquinas dos campos, cartografa a liña do sebe, e tamén a pequena área do arborado empregando natural=wood.
Possible Tagging Mistake
Ollar tamén
leaf_type=*eleaf_cycle=*barrier=hedge_bank– Buffer strip, hedge bank- Para outros tipos de barreiras que non son sebes (incluíndo cunetas e valos), ollar
barrier=*. - Para cartografar unha ringleira de árbores que non forman unha barreira, emprega
natural=tree_row. natural=tree_row

