Monchinho's Comments
| Changeset | When | Comment |
|---|---|---|
| 160260739 | about 1 year ago | Ola, Rodrigo.
|
| 159930242 | about 1 year ago | Ola, Está oficializado pola Xunta de Galicia e Galicia Nomeada como Quintás Novas. Por que o cambias? |
| 159654149 | about 1 year ago | Perfecto. O próximo caso que vexa que o nome oficial da Xunta sexa diferente do recollido a aprobado por Galicia Nomeada tereino en conta para poñelo así como fixeches. Saúde. |
| 159208869 | about 1 year ago | Unha solución para o Campo do Polvorín podería ser loc_name=Campo de Fútbol do Polvorín. Teño usado este recurso nalgúns lugares onde o nome local non coincide co oficial, que aínda que existe, non é usado pola xente. |
| 159281631 | about 1 year ago | Ola! Pois é unha obra artística, non un labirinto, digamos, 3D, que teñen etiqueta propia polo que vin noutros sitios. Esta é unha especie de mosaico romano no chan, como nos xardíns xaponeses. Pensei que era o máis atinado clasificalo así. Saúde. |
| 159210313 | about 1 year ago | Ola! Descoñezo como era o antigo nome, se era Virxe da Soidade por min perfecto poñerlle old_name. É raro que cambien de nome os centros educativos. Se volvo ver un caso parecido hei pór old_name tras comprobar que si era o seu nome antigo. Graciñas pola idea. |
| 159205732 | about 1 year ago | Ola, con este pasoume igual ca co romano da ponte de Lugo. Agora lendo a documentación que me aportaches entendo que así non vale. Aínda que non sexa una descrición per se, si que se podería interpretar como tal. Perdoa. |
| 159208869 | about 1 year ago | Ola!
Poderíase poñer old_name do Polvorín. 2. Pois non sei por que o borrei, se cadra deille sen querer, agora mesmo non lembro. Creo que puxen o nome completo oficial e aí debinlle dar. Desculpa. 3. Pois moi boa idea, de feito non sabía que estaba creada ese wikidata. Como son dependentes da Policía Nacional nin sequera o pensara. Se che parece ben corrixe ti o de Lugo e eu farei un que hai nas Fontiñas en Santiago. 4. O de school non sei a que se refire, agora mesmo xa non lembro. Se o ves incorrecto podes volver a como estaba antes. Pensaría que é un centro dependente de Educación da Xunta? Perdoa. Saúde. |
| 159208026 | about 1 year ago | Ola, puxen Romano por lle poñer un nome que faga referencia á estatua (é un soldado romano), pero realmente non ten nome oficial. Se non che convence podes eliminalo sen problema. Saúde. |
| 158903798 | about 1 year ago | Non pasa nada, Rodrigo, se podo axudar nalgo aí me tes. E podes preguntarme o que queiras sempre que queiras. Tamén me puiden ter equivocado, non sería a primeira vez nin será a última. O lindeiro parroquial que está representado non coincide exactamente co novo aprobado hai catro anos, moito máis preciso. Está Hugo actualizando os lindeiros pouco a pouco por concellos, aínda non chegou a Lugo. De todos xeitos, cos novos segue habendo dúas Nadelas. Un saúdo. |
| 158612744 | about 1 year ago | Ola, edvac.
|
| 158903798 | about 1 year ago | Ola, Rodrigo!
|
| 157001406 | about 1 year ago | Oi, debéuseme pasar dalgún xeito. Desculpa. Graciñas. |
| 157385120 | about 1 year ago | Graciñas pola info. Entón hai que volver eses cemiterios a camposantos. Desculpade o erro. O mesmo para as casas illadas. E perdoade estes erros. Se non vos importa corrixírdelos vós agradeceríavolo. Un saúdo. |
| 157385120 | about 1 year ago | Ola.
2. Mámoa da Eirexe recibe o nome precisamente por estar na contorna da aldea da Eirexe, topónimo con artigo oficialmente. 3. Sobre A Bouzaboa de Abaixo sempre teño dúbidas con estas clasificacións. Para min unha aldea pode ser un lugar poboado cunha soa casa. De feito hai aldeas dunha casa que o nome da casa non é o mesmo ca o do lugar ou aldea. Como se explica iso? Por iso considero que se están no nomenclátor son aldeas per se e non casas illadas ou soltas, que para min é a casa en si. É o que eu penso, pero vaia, se o queres mudar non hai problema. 4. Portoscarros non está ubicado nesa posición segundo o nomenclátor, senón un pouquiño máis arriba. Falo de memoria pero creo que había dous, é dicir, estaba repetido. Eliminei o que estaba na ubicación incorrecta. Saúde. |
| 141427692 | over 1 year ago | Non hai de que. Calquera cousa xa sabes. |
| 141427692 | over 1 year ago | Ola, Rodrigo. A Praia de Moledo aparece con ese nome no último recanto do areal. Está recollido na microtoponimia de Galicia Nomeada. Un saúdo. |
| 139125240 | over 1 year ago | Graciñas polo aviso, Rodrigo. Tereino en conta a partir de agora. Si que vexo que cando creo unha nova aparece como church, así que cando mellore algunha poñerei ben a etiqueta. Desculpa a mala etiquetaxe. |
| 136469053 | over 1 year ago | Desculpa non ter respondido, andaba fóra da casa. Si, é de GN. Saúdos, Hugo. |
| 150220974 | over 1 year ago | Un saúdo, compañeiro. Avanzamos pouco a pouco! :) |