OpenStreetMap logo OpenStreetMap

Changeset When Comment
149790984 over 1 year ago

Non hai problema, moita xente non sabe ese uso. Unha aperta.

149790984 over 1 year ago

Estimado compañeiro,

O nome de "O Río de Suigrexa" estaba ben. Nas Rías Baixas "río" é sinónimo de lavadoiro. Verás moitos lavadoiros que se chaman ríos desde Rianxo até Nigrán. Este en concreto foi así recollido na microtopinimia de Rianxo. Eu deixaríao tal e como se recolleu, sería o máis respectuoso. Saúde.

149443336 over 1 year ago

Description is not a name.

149314305 over 1 year ago

Perfecto, así coa nota queda perfecto. Para min é claro que é un erro ortográfico, como tantos que se executan, por descoñecemento da normativa ortográfica e polo desleixo tamén. Esa zona chamada A Restreba pois o máis probable é que teña o significa máis evidente posible, que é un terreo que queda con canas despois de segar o cereal. Ademais, se te fixas, é unha zona húmida a carón do río, que é onde se adoitaba cultivar o centeo. Saúde.

149314305 over 1 year ago

Segundo o DRAG "restreba" é con b, non con v. Está claro que se equivocaron no concello pondo o nome. Talvez deberiamos pór en notas esta cuestión. Saúde.

148636341 almost 2 years ago

Pois como ti estimes. Estes en concreto asegureime que as áreas coincidan co topónimo e no caso de haberen dous non puxen nada. Pero se consideras que é mellor así a partir de agora fago como ti propós, nodos independentes.

144723426 almost 2 years ago

Recibido. Gracias por el aviso. Evitaré ese conflicto.

146072597 almost 2 years ago

Tereino en conta no futuro. Si é posible o caso dun microtopónimo engadido por un particular que non fose recollido polo proxecto Galicia Nomeada, que, aínda que exhaustivo xeralmente, non está libre de ausencias. Unha aperta, compañeiro.

146072597 almost 2 years ago

Ola! Xa non lembro ben, pero revisei toda a microtoponimia aprobada desa parroquia e debín ver microtopónimos inexistentes (hai tantísimos inexistentes ou mal escritos por toda Galicia no catastro...). O das aldeas posiblemente sóame que había algunhas repetidas e outras debinas corrixir facéndoas novas, pero non estou seguro. O seguro é que completei as que faltaban ou as que estaban incorrectas.

Saúde.

146154604 almost 2 years ago

Ola, Rodrigo. Pois determinei que aínda que sexan un par de casas como están consideradas entidades maiores lle acaían mellor o concepto de aldea (de feito probablemente o nome das casas per se sexa diferente do nome do lugar). De todos xeitos se ti consideras que vai mellor con vivenda illada, por min non hai problema en que o modifiques. O do hórreo pois aí estrañoume, debinme equivocar e borralo por me decatar, porque vendo o Google Street View si está. Pido desculpas.

Saúde.

144326052 about 2 years ago

(....) para que non se perda. A próxima vez que pase por aí tiro unhas fotos e tento mellorar esta zona.

144326052 about 2 years ago

Éntrase ao aparcadoiro exterior pola Avenida da Maía. Engado o microtopónimo como lugar para q

144326052 about 2 years ago

Tamén comentar que a xeometría non se corresponde coa editada por Adrián. E "Talloas" é o nome da finca, non do supermercado. Habería que borrar esta edición e facela ben.

144326052 about 2 years ago

Ola, son alleoa esta edición, pero pasei por aí varias veces e antes era unha braña. Desde hai algo menos dun ano fixeron un Gadis enorme aí con aparcadoiro. Saúde.

144265543 about 2 years ago

Ola! Vexo que engadiches un sendeiro pero aparece como paralelo a outro case igual. Non sei se poderías revisar se está duplicado ou é que hai dous sendeiros exactamente iguais. Tamén indicar que nome e descrición son diferentes, un sendeiro non se pode chamar "SENDERO", non sei se ten algún nome esa ruta máis específico. Saúdos.

130038546 about 2 years ago

Yes, I know. I am correcting those errors little by little. Thank you!

115639750 about 2 years ago

Ola, lucumon. En efecto, a etiqueta non é nada intuitiva, nunca o tiven claro de todo. Xa me advertiu un compañeiro de Compostela da cuestión e si, vounos corrixindo aos poucos segundo os vou vendo porque levo tantas edicións que xa non sei por onde andan. Xa nas novas edicións que vou facendo os poño ben desde hai tempo. Graciñas polo aviso e agardo que esteas ben.

142592214 about 2 years ago

Ola. Non estou 100% seguro que ese sexa o nome oficial, pois o artigo 1 do Estatuto de Autonomía de Galicia (non Estatuto de Autonomía da Comunidade Autónoma de Galicia, por certo) di "Galicia, nacionalidade histórica, constitúese en Comunidade Autónoma" e o artigo 1.3 fala da Comunidade Autónoma de Galicia como ente organizativo e non como o nome en si ao meu entender. É o que eu percibo, pero non son experto. Se ao final queda así tamén comentar que en portugués pódese corrixir "Autonoma" por "Autónoma". Saúde!

141334039 about 2 years ago

Unha idea que acabo de ter é elevar Sacido a nivel de aldea, así ten máis relevancia cás veciñanzas. Non sei que che parece. Saúde.

141334039 about 2 years ago

Ola Pernas! Na web de recolleita de microtoponimia de Galicia Nomeada, que é a referencia mellor que temos para a micro si está recollida "As Sirenas" como entidade. De aí tirei a información. Como non o considero unha aldea ou lugar per se decidín pórlle a etiqueta de veciñanza, como se fai nas urbanizacións e ese tipo de agrupamentos polo que teño entendido. Lin non hai moito que este tipo de nomes de veciñanzas tamén serán oficiais a nivel legal no futuro nomenclátor da Xunta, pero de momento non está aprobado, claro. Un saúdo e calquera cousa aquí estou.