O actual cruceiro da Alfarrapa é contemporáneo do situado no cruce de Refexón co Tabolado. O seu autor foi don Juan Míguez Domínguez. Anterior a eles é o do barrio da Torre. Os tres compóñense de pedestal, fuste octogonal e cruz. Non teñen imaxes.
O anterior cruceiro que aquí estaba caeu por mor dun carro que chocou con el, segundo unha versión. O párroco, don Esteban Viso, decidíu poñer os restos no muro da súa viña, ben visibles, e restauralo. Nunca pasou tal. Levantouse un novo cruceiro, por obra e desexo de don Juan Míguez (mesmo autor que o do Tabolado). Os restos están ben visibles no muro da antiga viña de don Esteban, no Pireiro, enfronte dun cruce de camiños, así que poden visitarse e fotografar con toda facilidade.
Discussion