Os Veciños ten algo único: un patio con dúas portas, que dá aceso a dúas casas, ca súa fonte compartida. Para chegar a unha delas podes coller desde a adega do Manolo aguarenteiro, meterte por onda a adega do tío Antonio (d.e.p.) e seguir o caminiño de terra. Inda quedan unhas viñas traballadas, pero son as ruínas as que van marcando unha dinámica de desgaste. O tempo pasa, incluso borrando a pintanda que inda se distingue nunha parede. Pintada histórica, froito dun traballo con nocturnidade e dun tempo fraticida. A eira dos canastros ve como a pedra aguanta, pero non así a madeira. E a roupa que inda se poida colgar alí recordará que inda hai xente que cre que a Lúa branquexa as súas prendas albas…
Pasear, parar e ver:
- Indo cara a porta superior, vindo da confluencia Pazo - Pilas, dende a bodega do tío Antonio: https://cutt.ly/xYCX61Z
- Vindo da Torre - O Outeiriño: https://cutt.ly/RYCB0YO
- Dende o límite dos Veciños co Campo - Pazo - Pilas: https://youtu.be/5jAmZ8K6sqo
- Da boca da tía Marina, dos Veciños, escoitei o vello himno de san Juan, do cal tomei nota: https://cutt.ly/BYCVTyW
- Placer, dos Veciños, transmitiume estes reis: https://cutt.ly/JYCBK2u
- Vella lista de Veciños dos Veciños: https://cutt.ly/qYCVJc4
- O canastro do señor cura, don Esteban, veciño dos Veciños: https://cutt.ly/GYCVNmh
- Preto do anterior, a pintada nocturnal ARRIBA ESPAÑA: https://cutt.ly/LYCNuhD
- A cepa, seca en 2018!: https://cutt.ly/xYCNlEM Os Veciños, vistos desde O Campo, dende o que estaría, nun nivel inferior de altura, á dereita da foto: https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=938779367028149&id=100026882823682 Arredor do barrio dos Veciños
- O Tabolado, co cartel indicando Louredo a poucos metros: https://cutt.ly/UYC0Pbl
- O Campo, dende Os Veciños: https://cutt.ly/LYC0DZY
- Arredor, dende a casa da tía Marina: https://cutt.ly/5YC0KmV
- Vídeo dende o mesmo sitio, vai facer un ano!: https://cutt.ly/vYC0Bez
- Coto da Forca: https://cutt.ly/mYC03fg
Discussion