Monchinho's Comments
| Changeset | When | Comment |
|---|---|---|
| 116019158 | almost 4 years ago | Perfecto, compañeiro. Vou pasar informe de corrección á Comisión de Toponimia do nome do río Rodullo para que o fagan oficial. Tamén o farei con Bocadroña, que seguramente estea mal anotado como ben dis porque a transcrición fonética non se corresponde coa real, así que está mal recollido. O de Cruído/Croído si está ben recollido foneticamente, pero decidiron poñelo con o por algún motivo. Por min queda ben así, como se pronuncia, non vexo motivo para modificalo, así que queda como o deixaches ti niquelado. Calquera cousiña escríbeme, tesme aquí ou no Telegram do OSM Galicia. |
| 116019158 | almost 4 years ago | Prezado compañeiro. Na toponimia oficial do proxecto Galicia Nomeada aparece, efectivamente, pronunciado /kru'ido/ (Cruído), mais decidiuse oficializar como Croído por ser a típica vacilación do galego das vogais o/u (outro exemplo: Curuxido, Cruxido, pero oficialízase como Coruxido). Por min perfecto que se deixe Cruído, pero non é o oficial. Podes poñer na etiqueta o nome alternativo usando alt_name=Croído. Sobre o do Rodullo, pídoche que me confirmes se se di así, porque podo enviar un informe á Comisión de Toponimia para corrixir o nome. Saúde. |
| 115771230 | almost 4 years ago | Quedou moi ben, parabéns. |
| 115474195 | almost 4 years ago | A ti. Calquera axuda que precisas conta comigo. Engadinte a amizades. |
| 115474195 | almost 4 years ago | Prezado Rodrigo. Son dúas aldeas diferentes que, casualmente, teñen o mesmo nome. A do sur é da parroquia de San Martiño de Pacios (Begonte) e a do norte de Pígara (Guitiriz). |
| 115629029 | almost 4 years ago | Bo aninovo! / Happy New Year! |
| 115305636 | almost 4 years ago | You may update the population data year, I think it is noted as 2011 right now. |
| 114410259 | about 4 years ago | Grazas pola corrección. Saúdos. |
| 113965796 | about 4 years ago | (...) comprobados persoalmente in situ. |
| 113954480 | about 4 years ago | Graciñas pola corrección, non sabía como clasificar unha área escolar en desuso. Un saúdo. |
| 110056272 | over 4 years ago | Comentar tamén que o trazado e os nombres foron obtidos de Información Xeográfica de Galicia e da Plataforma Galicia Nomeada, tendo polo tanto valor oficial. |
| 109672583 | over 4 years ago | Ola, bos días. Agardo que todo vaia ben. Os topónimos que borrei que están no MTN é debido a que son incorrectos ou están situados en lugares incorrectos. Algo moi habitual, por outra banda. Son habitante da zona e coñézoos ben. Están oficializados ademais na Plataforma Galicia Nomeada, da Xunta de Galicia, onde se recolleron os topónimos. Iso dálles un carácter oficial, á parte de que, efectivamente, a nivel persoal podo confirmar que así é. Un saúdo. |
| 109670621 | over 4 years ago | Ola, bos días. Agardo que todo vaia ben. Os topónimos que borrei que están no MTN é debido a que son incorrectos ou están situados en lugares incorrectos. Algo moi habitual, por outra banda. Son habitante da zona e coñézoos ben. Están oficializados ademais na Plataforma Galicia Nomeada, da Xunta de Galicia, onde se recolleron os topónimos. Iso dálles un carácter oficial, á parte de que, efectivamente, a nivel persoal podo confirmar que así é. Un saúdo. |